14 de xul. de 2013

FELIZ VERÁN


Con esta entrada despedimos este curso no que puidemos vivir moitas experiencias dende o cole, coñecer moitas persoas implicadas no fantástico mundo dos libros e mesmo converternos en periodistas, debuxantes, contacontos... darvos as gracias a todos e todas por facer que isto se enchera de ilusión!!
Voltaremos en setembro con moita forza, enerxía e novas propostas.

9 de xul. de 2013

DIPLOMAS DA BIBLIOTECA

Mil gracias a todos e todas os que nos axudaron a que esta biblioteca funcionase deste xeito, sen vos sería imposible!!!
Aquí vai unha reportaxe da entrega de diplomas.

22 de maio de 2013

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Na semana das letras galegas tivemos actividades para todos os nenos e nenas do cole. Nesta ocasión trouxemos a escritores de literatura infantil para que lles puidesen contar a súa vivencia e os pequenos preguntaran as súas inquedanzas a este grandes inventores. Moitísimas gracias a todos eles e elas por vir, posto que foi unha gran experiencia, tanto para os nenos como para os profes.Velaquí tedes o programa.

Dado que temos unha grande cantidade de fotos e videos, para non bloquear o acceso ao blogue poñevos un enlace directo para velas e se queredes descargalas.
Xulio López Valcárcel e Vanessa estiveron cos alumnos de educación infantil.[Ir]
Diana Varela Puñal visitou aos alumnos/as de primeiro ciclo. [Ir]
Beatriz Maceda Abeleiro e Laura Veleiro Suárez compartiron a súa experiencia co alumnado de 2º ciclo. [Ir]
Os  maiores do cole (5º e 6º) estiveron con Chus Otero [Ir]
E despois destas grandes experiencias aquí van unhas mostras dos traballos feitos polos nenos e nenas.







11 de maio de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Núns días conmemórase o día das letras galegas, este ano cúmprense 50 anos de dita conmemoración.
Este ano o homenaxeado é Roberto Vidal Bolaño, gran dramaturgo.Para saber máis sobre el e ver xogos cliqueade na imaxe,
Dende o Ceip de Dices comparten con todos nós un telexornal adicado a Roberto, un gran traballo que resume a súa traxectoria.

4 de maio de 2013

DESCUBRIR UN MUNDO MÁXICO

Hoxe queremos compartir con todos vós un corto de animación á lectura que nos fai reflexionar sobre o mundo que descubrimos a través da lectura dun libro!!

2 de maio de 2013

SEMANA DO LIBRO

Do 12 ao 30 de Abril conmemoramos a semana do libro con diversas actividades organizadas dende a biblioteca.
Destacar, entre elas a dos "Maiores contacontos". Os alumnos/as máis maiores do cole foron polas clases narrando contos e mergullándose nas marabillosas historias que traen agochadas os magníficos libros que temos no cole.

9 de abr. de 2013

COMO SE FAI UN LIBRO


Achégase o día do libro; hoxe en día gracias ás novas tecnoloxías parécenos moi doado todo o proceso de impresión, pero.... como se facía antes. No seguinte video pódese ver o proceso tan elaborado que había que facer.
Birth of a Book from Glen Milner on Vimeo.

7 de abr. de 2013

PAPÁ, POR FAVOR CONSÍGUEME LA LUNA

Este é o título dun conto que deixou fascinado aos nenos e nenas  de educación infantil. Para que vos fagades unha idea de que vai deixamos un video del. E logo os debuxos do que os máis pequenos consideraron como o máis representativo.

20 de mar. de 2013

SEMANA DA PRENSA, 5º E 6º

Os maiores do cole tiveron unha actividade con Xurxo Souto na que non faltaron as preguntas, as risas, a curiosidade nin o tomar apuntes e notas de todo o que Xurxo estaba a dicir, quedaron fascinados da súa labor e coñecemento do barrio do noso cole.
Gracias por todo o que nos ensinou!



XURXO SOUTO from eveigar on Vimeo.

SEMANA DA PRENSA, 3º E 4º

O encargado de achegar ao alumnado de 3º e 4º de primaria ao mundo da prensa e ao coñecemento máis concreto do noso barrio foi Jose Manuel Guitierrez, xornalista de "La opinión de A Coruña". Unha experiencia moi grata e con moi boas vibracións. Moitas gracias!!


SEMANA DA PRENSA EN 1º E 2º

Aproveitando que estamos levando a cabo un proxecto sobre o noso barrio, os xornalistas que esta semana tivemos o placer de ter no cole falaron sobre el. E Francisco Espiñeira, xornalista de "la Voz de Galicia" foi un dos colaboradores, interactuando moito cos nenos e nenas e respostando a todas as súas preguntas. Moitas gracias!!

SEMANA DA PRENSA EN EDUCACIÓN INFANTIL

Que pode haber máis motivador para a labor periodística dos os nenos que sentirse que ter o seu propio programa de radio? Pois ese desexo foi realidade no noso cole gracias a Fernando Molezún, xornalista de "La Voz de Galicia" que trasladou un estudio de radio ás aulas de infantil. Moitas gracias  por colaborar con nós.
Como unha imaxe vale máis que mil palabras tédelas todas a continuación...


7 de feb. de 2013

BO ENTROIDO

Chegou o entroido e con el a festa contínua! Mirade como festexaron o entroido nesta carballeira

29 de xan. de 2013

REPRESENTANDO CONTOS

Os peques de 4 aniños plasmaron no papel os libros que máis lle gustaron a través dun debuxo, entre eles levan a medalla ganadora: "Amora", "El oso polar que perdió su nombre", "La cigarra y la hormiga", "Elenita", "La princesa que se metía el dedo en la nariz", "Os tres porquiños", "¿Queres xogar conmigo?"